viernes, 6 de enero de 2012

DOMINGO 8 DE ENERO

O domingo, Se ninguén ten inconveniente, tócanos  Monte Miranda (Padrón).
É unha ruta de carreiros eles fixérona de 18 km, pero pódese acurtar.
A ruta de carreiros empeza na estación de tren de Padrón. Pero nós poderiamos empezar en Retén, e recortar tamén un pouco o percorrido.
Botarlle un ollo ao trazado e comentádelo.

7 comentarios:

Celia dijo...

Supoño, pola sensatez, que sería Sesi a que puxo a entrada. Estou dacordo con empezar en Retén para tomalo con calma despois destas enchentas, pero hai que ver a forma de facela circular.
¿Quedamos ás 9.45 na área de servicio de Rande? Por suposto con bocata e o permiso de andar polo monte.

Rosa dijo...

A min paréceme moi ben a proposta de non patear tantos kilómetros (esa xente de Carreiros ten moito nivel).
En canto aos permisos, estou convencida e dou por feito que temos todos os papeis en regra.
Podemos perdernos un pouquichiño pero iso si, Mamudo sempre cumpre coa legalidade.
No plano individual, procurarei non esquencerme do bocata.

Conchi dijo...

Tamén en Reis tivemos algo de sorte, menos, pero algo tocou.........O número era o 7114, e foi agraciado con 20 euros........bueno, polo menos recuperamos o xogado, non estivo nada mal desta volta, á verdade.

lorenzopastranacastro dijo...

Eu tamén concordo con empezara en Retén. Estiven a ver a ortofoto e hai unha chea de pistas para atallar e facer máis curto o máis largo o percurso. Eu levarei gps, así que tranquis.

Tamén levarei o permiso da consellería, por suposto.

Moncho dijo...

Pois eu voto por face-la longa. Que non se diga que agora @s Mamud@s andamos alicaid@s.

Anónimo dijo...

Hola mamudiños. Nos xa voltamos da neve. Estamos dispostos a reincorporarnos as actividades lúdico festivas do club. Por certo, non vexo ningún comentario relacionado coa cea ce confraternidade. Hai algunha proposta?

Leo

Conchi dijo...

A cea é para o día 28 de Xaneiro.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...