Para este domingo está prevista unha ruta en Fornelos, a GR-58 Fornelos-Traspielas, que como vedes non é circular.
Eu andiven buscando algunha que fora circular e atopei esta de Muíños de Freaza, pero despois de todas as que levamos no corpo xa non sei se xa a fixemos. Botádelle unha ollada e xa me contaredes.
Onde quedamos? Que vos parece se a facemos rapidiño e comemos un cocido ou unha laconada polas Terras do Suído?
Segue en pé o disfraz de cociñeiros e cociñeiras?
Comentade, comentade...

3 comentarios:
Esta ruta estaba para o día das Letras Galegas do ano pasado. E solo aparecimos: Sesi, Teru, Loli, Joaquin, Conchi e eu. Rematamola gracias a destreza de Sesi co gipiese de Pana e o espíritu aventureiro de Joaquin.
Facela sen GPS e complicado e ten o seu mérito.
Penso que habera algunha mais bonita. Non?
Pero o cocido non se perdona.
A ruta non é circular, pero desde o principio ao final hai 5,8km por estrada, que segundo o google tárdanse 8 minutos, poderíase deixar un coche nun extremo como faciamos antes.
Pero se o plan é quedar para comer, habería que pensar nunha máis curta e deixar esta para facer con máis tempo.
Poderiamos empezar por decidir o sitio para comer, e buscar unha ruta cerca.
Rectificar é de sabios. E como eso é o que son vou facelo. A ruta que fixemos foi a de Freaza non a primeira. Mirandoa en wikiloc. Non ten mala pinta.
Onde comemos. No dos cazadores se estamos cerca?
Publicar un comentario