sábado, 18 de febrero de 2012

Ruta Laxe do Val do Gato

Parece que a xentiña non ten moitas ganas de levantarse cedo, despois da farándula do sábado de antroido, así que o domingo  imos facer un paseo para principiantes.

Como temos reservada a comida no bar de cazadores de Estaca,  faremos un pequeno itinerario por Berducido (ou Verducido, atopeino das dúas formas), podedes velo aquí.

¿Quedamos ás 12.00 h. (non temos vergonza) no Bar Cruce de Fornelos? A ruta pode levarnos como moito dúas horas e temos a comida sobre as tres.

Eu reservei para unhas doce persoas, sei que os de Vigo se apuntan, e Conchi e Moncho, pero faltan por confirmar os demais.


Recordade, os que queirades, que imos de cociñeiros de restaurante fino ou de lareira.

1 comentario:

Anónimo dijo...

joaquin e loli apuntamonos a todo

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...