sábado, 14 de abril de 2012

Circular da Cañiza

Non sei se o tempo se portará e permitirá facer os 23 quilómetros desta ruta.
Os animosos poden quedar ás 10.00h na estación de servizo da Cañiza, levar bocata ou ver a posibilidade de mercalo alí.

Nós desta volta non imos, un ten que acompañar ao fillo ao balonmán e eu non vou arriscar pois andiven  toda a semana agripallada e con dor de gorxa (para  fastidiar as vacacións).

Estiven analizando a data marcada inicialmente para a viaxe de fin de semana e teño unha proposta que facervos: o día 28 de abril coincide coa ponte do 1 de maio, podemos ter máis problemas para atopar sitio, ser máis caro ou querer marchar de ponte. O fin de semana seguinte é o día da nai  ( sempre hai quen segue a tradición), así que propoño definitivamente coller o seguinte -11, 12, 13 de maio- que ven coincidindo coa fin de semana anterior á ponte das Letras (17-20). Que decides? Se estades de acordo xa podemos chamar ao sitio que atopou Sesi e está no comentario da entrada anterior.


Agardo comentarios

2 comentarios:

lorenzopastranacastro dijo...

A min paréceme todo moi ben. O que ti digas Celia. Agora ben, que si hai outra proposta que teña que ser apoiada, pois nada dicídemelo e cambio de chaqueta. Xa sabedes que son flexible.

A ruta da Cañiza ten boa pinta e maloserá que chova (moito)...

Sesi dijo...

23 km. Parécenme moitos para facela con choiva.
Non sería mellor deixala para un día asollado e gozar do bocadillo de xamón da cañiza.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...