Polo ben da nosa Galicia, hai que saír de marcha este domingo, a ver se chove, coma sempre, que xa sabedes que somentes caen catro pingas cando temos ruta.
No noso calendario está prevista para o 1/4 unha nova ruta de Sudandobotas, o roteiro dos tres vales de Cotobade, e unha vez máis seguiremos os seus pasos.
Temos información tamén aquí
Se vos parece ben, quedamos ás 10.00h, na área de servizo de Rande, a ruta son 12 Km, así que é curta e dá tempo. De todas maneiras, mellor levar bocata.

3 comentarios:
Non sabedes como sinto que este domingo non poidamos estar con vos. Máis que nada por si vos perdedes ca ruta das botas sudorosas.
É mágoa por que nesa zona pasei eu a miña xuventude e a coñezo ben.
De todolos xeitos estade atentos ao ceo a eso das 13 horas porque estaremos saudandovos dende o avión.
Bicos e desfrutade!!!!
Eu tampouco poderei ir. Pero confio plenamente en vos.
De esta volta cambio de chaqueta e imos facer un roteiro coa incultural de Ribadelouro.
E unha ruta que lle chamamos da FARIÑA e da MADEIRA. Por pasar unha chea de muiños e aserradeiros abandonados.
Podedes ver a ruta en wikilock buscando a monchinho.
http://es.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=setCurrentSpatialArtifact&id=2634822#
Publicar un comentario