
Pois como as festas pasan axiña, e non todo vai ser comer e beber, hai que ir pensando xa en poñer as nosas pernas en funcionamento para retomar as pateadas polo monte.
Hai cambios e para o vindeiro día 11, subiremos á Franqeira, pero non vos asustedes, que iremos polo monte e o percorrido é pequeno.
Hai que inscribirse e pagar 3 euros por persoa. O prezo inclúe avituallamento igual que os ciclistas e un agasallo. O punto de encontro é no centro das Neves, e un autobús levará ós sendeiristas ata o punto de partida.
Penso que podería estar ben esta ruta........sería algo distinto..........así que si vos parece boa idea e queredes ir, deixade os vosos comentarios no blog, ou chamádeme (Conchi), para poder saber cantos ides, e sobre o día 7 ou como moi tarde 8 de Xaneiro, inscribirvos e pagar o prezo total das incricións (sería có diñeiro de Mamudo, que para algo o temos, digo eu). Vos só me tedes qué dicir quenes vades (seguro, porque logo non devolven a pasta da inscrición) e logo xa me encargo eu do resto...........................E si hai algún indeciso ata o propio día 11, pois non pasaría nada, porque hai 100 prazas e non creo que se cubran todas.
Aquí tedes o enlace por si queredes votarlle un ollo.
Espero as vosas respostas!!!
FELIZ ANO NOVO 2009 PARA TODOS OS MAMUD@S E QUE OS REIS VOS TRAIAN MOITOS REGALOS!!!
2 comentarios:
Conchi perdoa a esta xente que anda coas devolucións dos reis.Esta visto que para a loteria somos uns fenomenos.
CAS DEVOLUCIÓNS OU SABE DEUS CON QUE. PERO CONECTAMONOS SEMPRE OS MESMOS.
EU ASÍ NON XOGO.
P.D: ALJEN PODE ENVIARME AS CLAVES PARA SUBIR AFOTOS.
JRASIAS.
O MEU EMILIO É: O.MONCHINHO@GMAIL.COM
Publicar un comentario