
Para este domingo estaba programado facer a segunda parte das Pontes do Lérez, pero por aquí pensamos que igual había moita auga e que quizás fora mellor facer unha máis alta. ¿Que vos parece se adiantamos unha semana e facemos a da "Memoria do Lobo" en Cotobade?
Mirade o enlace e comentade o que pensades. http://www.senderosdegalicia.com/senderismo/memoria_lobo/memoria_lobo.htm
A humidade vai ser inevitable e o frío, tamén, pero xa somos veteranos e nada nos asusta.
Como é circular igual podiamos despois facer unha papadiña conxunta, un bo cocido nalgún bar de Cotobade para comezar ou continuar as xornadas gastronómicas que nos agardan.
Se decidimor facer este sendeiro podemos quedar na Área de Servizo San Simón, despois de Rande, sobre as 10:00 h.
Espero comentarios.
6 comentarios:
A ver si alguén máis se anima a facer algún comentario no blog, porque últimamante...........só o facemos os 3 ou 4 de sempre........
A min paréceme ben o cambio de ruta..............e o de comer ó rematar a ruta.......tamén.......que vai moito frío e algo quente sentará moi ben..........
Pois nada, para os que vaides estirar un pouco as pernas polo monte................ata o domingo!!!
Conchi tes razón estamos todos moi vagos.......
O domingo contar con Aida e conmigo, parecenos moi ben o cambio.
A min tamén pareceme ben o cambio, e o da comida perfecto.
¡¡Conchi non nos riñas que e nadal¡¡
Bueno pantojos, contade coa familia Mansinho, que tamen se apunta
Moro, Moni e Coke (si se deixa bañar)tamen imos.
Nos tamén nos apuntamos. Vémonos mañá no lugar indicado.
Saúdos pra todos.
Publicar un comentario