Temos unha nova proposta de ruta para este domingo: como vai facer bo día, igual podiamos facer o sendeiro de Cabo Home, é un pouco longo para esta época pero os días algo medraron. (Ver a outra posibilidade dúas entradas máis abaixo)Tendo en conta que o próximo que tocaba en Xeve non parece ser moi apetecible (todo eucaliptos) ao mellor podiamos ir este domingo a Cabo Home e dentro de quince días facer a de San Cibrán.
Se decidides esta opción, quedamos ás 10.30 na cafetería de Cangas.
Vós diredes.
3 comentarios:
Prefiro esta, a ver si cá brisa do mar se me abren as fosas nasais que estou atascada.........e algo de malestar xeral tamén teño, pero espero estar algo mellor para mañá.
Valenos!!! ali estaremos.
canto más abertas as teñas máis vas disfrutar (do aire do mar)
Publicar un comentario