Como quedamos que este domingo podiamos facer este sendeiro, estiven buscando información. Parece que a ruta total mide 40 Km (Isto é o que din na páxina do Concello: Ruta completa desde las instalaciones de Aqualia en la calle Cantabria hasta el embalse de Eiras. Más
de 40 km configuran esta ruta que nace en el Ayuntamiento de Vigo y
atraviesa los de Redondela, Pazos de Borbén y Soutomaior, para finalizar
en el propio embalse en Fornelos de Montes ).
Hai polo tanto varias etapa e varias opcións. Eu atopei estas dúas: unha sae do Vixiador e a outra de Redondela. Se queremos ter tempo para falar podemos facer a primeira, incluso ida e volta serían menos de 20 Km. Non temos moita información pero "Malo será".
Que vos parece quedar ás 10.30h no Vixiador (A Madroa) e facer ata onde vexamos, dar a volta, comer bocata no parque forestal e falar do calendario?
Agardo propostas.

2 comentarios:
A min pareceme ben.
Presi neste enlace hay unha ruta de bici parecida a esta.
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=168001
Publicar un comentario