viernes, 2 de septiembre de 2011

GALIÑEIRO

Para o  vindeiro 18 está convocada a andaina Pola protección da serra do Galiñeiro. Esta vez sae do Aloia pero hai varias posibilidades que podedes ver aquí. 

En principio eu faría ida e volta pero comezando con todos ás 11h. no Aloia e despois de comer facer con calma o camiño de regreso. 

Vós diredes, estudiade ben as posibilidades e non vos deixedes intimidar polo comentario de Lorenzo que, coma sempre,  xa ven "botando por fóra".



16 comentarios:

Anónimo dijo...

La verdad, no me gusta demasiado. Me gustaba más como estaba antes, pero bueno, hay que ir cambiando, nos adaptaremos a la nueva vista.

Conchi dijo...

A min tampouco me gusta a nova imaxe do blog de Mamudo.........a outra estaba mellor.......a esta, non sei, como que lle falta algo, detalles, non parece un blog de sendeiristas......non sei, pero non me convence.......como dixo o anónimo, irémonos adaptando.....ou non.....ji, ji, ji...

E a proposta da camiñata do Galiñeiro, non me gustan demasiado esas rutas con grandes masas de xente, e á última que fixemos aí, non molara moito........aínda que é por unha boa causa, pero sinceiramente, cada vez comezo a pensar máis en serio que estas cousas sirvan para algo.....pero bueno, si á volta a facemos ao noso aire, pois a cousa xa cambia e o importante é voltar a patear polos montes e a compartir bos momentos cos mamud@s, así que, coma sempre o que a maioría elixa

Conchi dijo...

Aahhh, por certo, Lorenzo.......non votes por fóra que a última camiñata que compartín contigo, a metade fixéchela en moto, así que, menos lobos Caperucito!!!!!

Celia dijo...

Volvemos á plantilla anterior que ten máis éxito.

A min tampouco me matan as rutas mogollón, único por confraternizar e pola causa pero podemos facer outra que me parece estupendísimo. Veña, máis comentarios e decidimos que o que importa e botar a andar.

Gabriela dijo...

yo espero veros en la próxima, ese fin de semana estoy de boda

Moni & Moro dijo...

Rutas, rutas!!!! pero con pouca xente, que Liss e Maia perdense.
Lorenzo, acordaste de: vas ir por el aire chaval!!
pois Camiño mamudo no Angliru. Agarrate!!!!

Presi, tesorera e demais.... QUERO UNHA CAMISETA MAMUDA!!!!

Anónimo dijo...

o que a maioría elixa, si
pero aqui sempre se fai o que di conchi.
¿quen e realmente o presidente/presidenta?

Conchi. dijo...

Un biquiño para ese anónimo que tanta envexa me ten.

lorenzopastranacastro dijo...

Mecaghoensanpitopato, a nova imaxe mamuda era un clamor demandado pola maioría. É un signo de progreso, de avance. Os conservadores inmobilistas que non queren mudar a imaxe do blog son os mesmos que se opuxeron ao feisbuc e a todo o que supoña unha evolución.

Non se pode tolerar que a Presidenta sexa un satélite teledirixido de esta xente: Presidenta, non te achantes, tes o nosa respaldo!!!!

Propoño para o galiñeiro sair de Mosende e subir por donde esta a cova esa que veñen de atopar o ano pasado ata o galiñeiro. Deste xeito evitamos a maré de xente

A presi dijo...

Como presidenta e principal escritora deste blog teño que aclarar:

Conchi é a tesoreira, por votación (o meu cargo foi dixital) e a persoa que máis veces pon as opinións neste blog. De feito non deixei de escribir porque ela o seguía e opinaba (os comentarios alegran moito a quen fai a entrada).

Eu teño en conta os comentarios de todos, pero non podo inventalos. Se eu pido unha opinión e somentes dúas persoas a dan e unha delas é anónimo (se non se identifica non fago caso pois poden ser intrusos), eu teño en conta a súa valoración.

O que queira ser tido en conta só ten que escribir un comentario e identificarse.

PD: Os comentarios de Lorenzo serán analizados na súa xusta medida pois todos sabemos que os 10 minutos do candidato da oposición non coinciden cos do reloxio e que nin co GPS conseguimos facer unha ruta ao dereito. Por outra banda eu aínda non conseguín borrar da miña cabeza aquela foto súa que ilustra unha entrada deste blog.
Dito isto, teño que afirmar que súa proposta de ruta que fai para o día 18 me parece estupenda.

Apertas para a familia mamuda.

lorenzopastranacastro dijo...

que quede cosntancia que as miñas diatribas non ian dirixidas contra Conchi (líbreme Dios), senon contra o anónimo persoaxe.

Conchi: tes toda a miña consideración, ainda que non coincidamos nas ideas.

Presi: Teño más que demostrado e certificado a verdade das miñas palabras e estimacións temporáis. Si digo pelo, é pelo, se son 10 minutos, un cacho de tempo é

Conchi. dijo...

Sempre senta ben escoitar este tipo de cousas....pero en días coma hoxe, que estou algo de baixón....pois sentan moito mellor...fanlle levantar a autoestima e o ánimo a unha........MOITAS GRAICAS Celia, eu, si aposto sempre por ti, é por algo......e Lorenzo, non te preocupes, sei que teño a túa consideración, nunca o puxen en dúbida.....e o das ideas....si todos tiveramos as mesmas e coincidiramos sempre, sería moi aburrido, na variedade está a diversión......Bicos para toda a familia mamuda.

lorenzopastranacastro dijo...

Conchi, ¿qué queres decir exactamente con iso de que "na variedade está a diversión"?

¿É o que eu penso?

Conchi dijo...

Lorenzo.......... pensa mal e acertarás!!!!

lorenzopastranacastro dijo...

Conchi, Conchi... como vou pensar eu mal de ti...!!!

Outra cousa: Habería que por no wikiloc o percurso que imos facer para non perdernos... Moncho, ¿te animas?

Monchinho dijo...

Oooooooh que pasou coa portada toda papichula do blog. Molaba un cachazo.
Para o domingo. Gustame mais a idea de Lorenzo, pero sen pasar pola Trapa (covas). Creo que son moi perigosas para ir o nos libre albedrío.
Guatariame que me acompanhase un Mamudo responsable e dese sua opinión.
De ese xeito e moi probable que poida conseguir a colaboración de un espeleo.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...