Camiño mamudo ascendeu a Mustallar (1.924m.).
Hai razóns para que nos sintamos satisfeitos. Foi un gran esforzo que nos premiou cunha impresionante paisaxe. Eu penso gardarla na retina para soportar o asfalto.
Hai razóns para que nos sintamos satisfeitos. Foi un gran esforzo que nos premiou cunha impresionante paisaxe. Eu penso gardarla na retina para soportar o asfalto.
Aida, a nosa benxamina, con só oito anos, ascendeu pola ladeira nevada do Mustallar rauda e enérxica e foi a primeira mamuda que logrou coroar a cima.
Algúns mamudos foron listos e levaron a mochila con eles o que lles permitiu comer un bocadillo de pan duro que, con aquelas montañas ao frente e despois do esforzo, sabía a manxar de deuses.
Outros, por andar liviáns, deixaron as mochilas abaixo ou amarrada na alambrada na mitade do camiño e ata chegar á base non disfrutaron do bocata.
Houbo quen, polas presas de chegar, caeu espatarrado no regato e mollou o cu.
Pero todos os sofocos e as suores valeron a pena e esa noite os mamudos durmiron moi contentos.
9 comentarios:
Hola de novo,
A golpe de luns estou pletórica e chea de enerxía , nin maniotas teño, incríble pero certo.
O mustallar, tres bispos, Quindous, vistas preciosas, grandes esforzos, metas conseguidas (e superadas), todo moi bonito, pero co que realmente me quedo desta viaxe, e coa vosa compaña, que foi xenial.
Muitas grazas por poñer o meu nome.
Foi moi bonito e moi divertido.
PD. Que fria estaba a neve!!!!!!!
o maior misterio de todo o fin de semana quizais pasou desapercivido para a mayoria, pero ¿Que pasou cando C. e M. estiveron "perdidos" na N-634?
Contan que alguén os vió enchendo nunha galosinera, Eran eles?
Seguiremos informando
Intentei poñer algunha foto e non o conseguín. ¿Quén me da unhas clases rápidas? Só logrei poñer un pequeno comentario.
¡Por certo! ¿Xa se sabe algo de C e M?...............
Saudos mamudos.
será por iso, que a golpe de lúns, están pletóricos e cheos de enerxía
M. chamoume e dixo que andaba por Lugo, non especificou se solo ou con C., parecía contento e con gasolina suficiente.
De C. non sabemos nada, poida que sexa un desos anónimos camuflados.
Así que para maior seguridade poñede o nome cando fagades un comentario e iremos descartando.
A enerxía de C sera gasolina
Bueno, pois aquí estou eu para despexarvos as dúbidas a todos..... Non nos perdemos en ningún momento, M. tiña moi claro cal era o camiño acertado porque o tiña feito moitas veces. Eu si que ía con el e si que paramos a votar gasoil. E chegamos tan ricamente os dous a Salceda e rematamos a gran odisea dos Ancares tomando unha cervexa en con L. e J. Teru, gracias pola túa confianza en min!! Peeero, quen é Esther, a que di que o luns estabamos pletóricos?
o do comentario dos pletoricos dixeno eu L.
Bueno xa vos quedou todo aclarado, ou tedes algunha preguntiña mais ?
PD: Celia non puiden subir fotos, dime que a contraseña e erronea, non sei si a anotaria mal , os pasos seguinos a perfección
biquiños para todos
Publicar un comentario