viernes, 6 de marzo de 2009

MOSTEIRO DE CARBOEIRO - FERVENZA DO TOXA




Pois como parece que para este domingo volta o sol de novo e para os que queiran curar o cabreo do Santo Aparecido, faremos, si a xente está disposta, a Fervenza do Toxa, que algún xa coñecedes pero que igual vos deixou tan bo sabor de boca, que queredes repetir.

Aínda que non é circular, parece moi faciliña, de tan só 5 Qm, polo que poderiamos facer toda a rota pola mañá, comer na fervenza un bocata e logo voltar tranquilamente.

Poderiamos quedar sobre as 10:30 na Área de Servizo de San Simón, para non madrugar moito e porque supoño que dará tempo de sobra.

Aquí tedes o enlace para máis información.

3 comentarios:

Teru dijo...

O cabreo non era pola super camiñada,senón polo acontecido en horas posteriores

Anónimo dijo...

Aaaahhh!!!, vale, agora xa caio Teru.......é que quedei moi frustada con todo o acontecido e xa non as collo á primeira.........Que me vas contar a min.....que vivín todo proceso minuto a minuto..........En fin, agora só queda, como ti ben dis, facer moitas camiñatas e pasar bos momentos xuntos para levar a cousa mellor.

Anónimo dijo...

Nós en principio non podemos ir esta vez, e que conste que eu quedo con moita pena porque rabia e disgusto teño abondo, necesito nestes momentos despois de ler o periódico subior ao Mustallar como mínimo.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...