Este domingo toca visitar o Ribeiro: Sendeiro de Pazos do Arenteiro. Son 11 quilómetros, poderiamos facelo dunha tirada pero creo que é máis cómodo facelo con bocata, isto permítenos saír un pouco máis tarde e durmir algo máis.A miña proposta é quedar ás 10:30 na Área de servizo da Cañiza e pasar por Pazos do Arenteiro a deixar un coche (o que implica que non se poden levar os coches xustos) e marchar para o inicio da ruta no Carballiño. Comeremos polo camiño cando a fame aprete. ¿Que vos parece? Agardo os vosos comentarios para ver se preferides ir sen bocadillo, comer ao final nun bar ou máis propostas (por exemplo facelo ida e volta).
Tedes o enlace aquí:
4 comentarios:
Xa estou juapiño!!! e vou con Moni.
Conchi, Moncho queredes vir?, pero di Moni que e pa que faledes algo mais q o domingo pasado (creo q tiñan can, cousa q non entendo se no maletero so viña eu...)
Eu non teño presa, tanto me apunto con "light" bocata ou ensalada en bar.
Eu si que me apunto, pero, Coke, non prometo estar máis faladora que o domingo, sabes que despois da ruta, a sestiña presta moi ben. E tamén prefiro tomar un bocata cando a fame aprete, así, andamos máis tranquilos e ó noso aire, e o de facelo ida e volta, 22 Qm...........bueno, pódese ver sobre a marcha, dependendo das ganas que teñamos.
Biquiños e ata domingo.
A min pareceme ben o do bocata vai ser un dia moi bo para tirarse a un prado a pastar. O de facelo de ida e volta estou con Conchi. Non adiantemos acontecementos.
Deica o Domingo
Publicar un comentario