Finalmente despois de falar con varios e varias creo que o mellor é facer o vindeiro domingo o sendeiro Barrantes-Armenteira que é o dos muíños de Ribadumia. Non teño claro os quilómetros pois atopei información contradictoria, uns din que 8 Km e outros 12 Km. Podemos facelo empezando en Armenteira ou en Barrantes, creo que esta última é a mellor opción pois os sinais están nese sentido.![]()
Outra cousiña: xa está en marcha a organización da ponte do Pilar. Como o tempo apremia e falaramos da Senda del Oso, chamei ao Sabil, é o albergue que coñeciamos, moi baratiño e majo pero non había sitio. Recomendoume un hotel en Proaza, e o rapaz do albergue chamou para que nos fixera un prezo. O hotel é Peñas Juntas, vainos cobrar a habitación dobre a 40€, como se fora temporada baixa e a media pensión (almorzo e cea) a 12€ ( lin bos comentarios sobre a comida neste hotel), hai posibilidade de camas supletorias para rapaces a 15€. Eu díxenlle que nos reservara para 20-25 persoas para os días 9-12 de outubro pero que tiña que confirmar e falar con todos. O próximo domingo conviña dicir o nº de xente exacto pois a estas alturas está todo moi pillado.

4 comentarios:
Esta ponte descanso, a miña aparicion triunfal (q xa case estou, 1 mes de ropouso, e listo!) fareina a finais de Outubro, se Moro me leva!! e Moni voltara o 22 de Novembro. Pasadeo ben, vemonos pronto.
Ás 10:15 na Área de Servizo de San Simón, é moi boa idea. E o bocata, levámolo, e sobre a marcha, xa decidimos si para o camiño ou si para o remate, depende de como estea o tempo, que me dá que moita calor, non vai facer. Ata domingo!!
A senda do oso non vou, pero o domingo si, Conchi chamot e organizamos.
Nos este domingo non podemos por Martin pero para a senda do oso contade coa familia Mansinho o completo. Biquiños pa todos
Publicar un comentario