jueves, 3 de septiembre de 2009

FIN DE SEMANA NA ILLA DE ONS

Xa está todo en marcha para comezar unha nova etapa mamuda. Temos contratado o aloxamento e o xantar do domingo así que só faltan as botas e moitas ganas de pasalo ben.

Explícovos para que así como ides chegando poidades solicitar o voso aloxamento NO RESTAURANTE "CASA ACUÑA". Coma sempre esta é unha idea pero sempre aberta a cambios:
  • Habitación dobre con baño: Teru e Germán.
  • Habitación dobre con baño: Loli e Joaquín.
  • Apartamento de 4: Julia, Aida, matrimonio amigos de Julia e a súa filla.
  • Apartamento de 6: Lucre, Mansinho, Martín, Conchi, Moro, Moncho, Santi e Leo. (Un dos mozos ou a moza debe durmir nunha colchoneta)
  • Casa de 8: Jose, Celia, Antón, Martín, Javier, Rosa e Antón.
  • Sesi pode instalarse na casa de 8 ou no apartamento de 4 con Julia.
Hai sabas e toallas. Todos temos cociña menos nas habitacións dobres pero seguro que calquera os invita a almorzar no seu apartamento.

A idea é que cada un vaia chegando e instalándose, estaremos en contacto, nós chegamos sobre ás 16:30h..
A cea pode ser de bocata, cada quen que resolva se levar cousas ou mercalo alí, hai unha tenda na illa, pódese mercar o leite pero igual convén poñerse dacordo cos do apartamento para levar café, azucre e demáis cousiñas que non merece a pena comprar alí.

Xa falamos da marcha nocturna, levade lanternas, creo que despois das 2:00h xa non hai luz na illa.

O plan do domingo pola mañán está aberto: marcha ou praia, segundo a temperatura.

A comida está contratada en Casa Checho para as 15:30h, consiste en empanada e polbo tipo illa que ten fama de delicioso, se alguén non quere ese menú, pode pedir outra cousa, previo aviso.
Unha cousiña máis: como imos ter bastante tempo de falar, conviña que levedes libriños, folletos ou ideas para organizar as andainas desta temporada.



2 comentarios:

Moni dijo...

Ruta de noite!!! Eu paso, xa nos perdemos de dia con luz, canto mais de noite. Vemonos pronto. Pasadeo ben.

Coke dijo...

Eu estoume a preparar cos mellores ciruxans para facer unha volta triunfal alá polo mes de Novembro. ¡¡Vais flipar lo guapo y ligero que me estoy poniendo!!!
Asi que... mentras ide practicando que voltarei mellor ca nunca.

Rubia: Cidamos mentras non volto, e preparate que te vou por fina!!

Saudos pa todos.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...