lunes, 9 de mayo de 2011

Xa estamos no facebook

Hai que modernizarse.

Xa estamos no facebook cas mesmas claves de acceso que temos no blog. Así que se queredes podedes facervos amigos aquí

11 comentarios:

Conchi. dijo...

Non me parece ben tanta modernización.........có blog estabamos de marabilla, non entendo eu porque hai que estar tamén no facebook.........Moncho, estás demasiado enganchado......e que o fagas có teu propio, é cousa túa....pero có de Mamudo, penso que deberías telo comentado antes, polo menos, a min, non me gusta a idea......e lembra que son a que manexa a pasta.

lorenzopastranacastro dijo...

É culpa miña, non foi Moncho. A intención era facilitar a comunicación cos que queiran usalo. Pero se lle parece mal a alguén xa o elimino e aquí non pasou nada

Conchi dijo...

Lorenzo, Lorenzo.....facendo campaña encuberta e méritos para optar á presidencia...uummmmmm....Eu non son nada partidaria do facebook, e penso que con estar na rede, co blog,quen queira pode comunicarse connosco, non é que me pareza mal, como dixen antes, non me gusta a idea, pero non son eu quen decide, así que, como boa demócrata que son, o que a maioría decida, para min estará ben.

Anónimo dijo...

Como "YONKI" de internet. Si me parece ben o salto o facebook.
Non é a tecnoloxía quen se ten que adaptar a nos. Somos nos, os que nos temos que adaptar a tecnoloxía.
Se na medicina fixesen o mesmo ainda nos desangrarian cada vez que tiveramos febre.

E por último.
Antes de acusar hai que contrastar a información.
Bin Ladem. Era o lider de al qaeda. Pero non tirou o World Trade Center.
Esos foron Muhamad Atta e compañia.

Que me guste internet non quere decir que solo a min me guste.

Celia dijo...

Monchiño, andiveches agudo niso de YONKI. Xa sabes que hai persoas que deixan pegada e a "brava" Conchi, de cando en vez, só pensa en ti... Eu pensei dende o principio en Lorenzo e non me parece mal, telo non implica nin miralo, nin participar nel, como moito dispersa e rouba tempo.
Igual hai que plantexarse pasar a facebook pois iso implica que só nós temos acceso á información pero para iso todos os mamudos terían que ter un facebook para poder agregalos. Creo eu, inda que seguro hai outras posibilidades.
Se tedes ideas continuade coa disquisición tecnolóxica.

lorenzopastranacastro dijo...

Tal e como eu o vexo, o facebook non substitue o blog. Son cousas diferentes.

Eu uso o feis e é práctico para non ter que andar por vinte mil páxinas persoais para saber qué andan a argallar os colegas. Moitos non teñen nin páxina persoal.

Agora ben, sei que son lexión os que consideran que o feis, o twiter e estas redes dispersan e banalizan a comunicación ao nivel de cotilleo.

Na miña experiencia ambos teñen razón.

Dito isto, o que non ten sentido é ter un facebook de camiño mamudo sen amigos, e isto implica, lóxicamente, darse de alta cada un de nos e agregarnos a esa páxina.

Así pois, poida que ainda non sexa o momento de pasarse ao facebook, xa que, polo que se aprecia, case ninguén o emprega

Conchi dijo...

GRACIAS LORENZO. Sabes que cada día confío máis en ti........que eu só ataquei a un pero a min xa me atacaron dous......a ver así quen se defende. Iso si, a qué se deberá tanta defensa por parte da presidencia hacia un só membro do clube??....Uuummm......chéirame a chamusquina!!!

lorenzopastranacastro dijo...

Paz e amor, moito amor... Ataques NON, BASTA XA DE ATAQUES, Ataques: NUNCA MÄIS.

Paz e amor

Celia dijo...

Eu non ataquei, felicitei a Moncho pq me pareceu gracioso iso de yonki, falei de "brava" pq hai persoas "bravas", eu ás veces tamén o son, é máis, gústanme as mulleres bravas aínda que se equivoquen (e non é peloteo, Conchi). Os que se mollan poden equivocarse, non importa porque sempre se pode rectificar, que é de sabios.

Eu teño fes pq son unha curiosa das novas tecnoloxías, case non escribo pero husmeo, son curiosa por natureza, véxolle utilidade para quedar ou falar sen que se entere todo cristo pero temos que estar todos con conta e como di Lorenzo igual non é o momento.

Dito isto: paz e amor sempre, e abrazos e bicos que é menos metafísico e máis agradable.

Unknown dijo...

estades como cabuxas

Moni dijo...

enton... en q queda o tema, temos ou non temos?
Eu paso de opinar por se me toca algo, que aquí tiran a dar.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...