Este domingo toca a penúltima ruta desta tempada. Como parece que vai facer bo tempo, se queredes cambiamos a ruta prevista por esta en Bueu, que podemos facer ida e volta e logo os que queiran poden tirarse ao sol das praias de por alí. (Non teño referencias pero parece non estar mal).
Non poño onde quedamos ata que comentedes se queredes a de Bueu ou a de Cotobade que era a que tocaba.
5 comentarios:
Aínda que me dá igual, faríame ilusión pasar por Cuspedriños (para min un nome-lugar emblemático)que está perto da ruta de Cotobade.
Como vexades.
Eu non podo, e Moro ten comida. Falamos pa seguinte.
A min dame igual, e Teruca non di nada porque está na aldea e non vai
Eu voto pola praaaaaaaaaia
Por se alguén se anima e non falei con el: quedamos ás 10.00 no porto de Bueu.
Facemos a ruta, ida e volta. Algúns quedan a comer por alí para ir a praia despois.
Publicar un comentario