miércoles, 9 de noviembre de 2011

Bidueiral de Montederramo

Acabo de falar coa moza que atende a oficina de turismo e dixo que agora estaba precioso.
Atopei este enlace co mapa da ruta. Toda son moitos quilómetros, para facelo saíndo no día. Así que temos dúas opcións que decidiremos no lugar e  segundo estea o tempo: podemos ir co coche ata Mogaínza, que ten asfalto e facer andando algo máis de 4 KM. a Campo do Casar, e logo o bidueiral (uns 17 KM); outra posibilidade é levar o coche ata Campo do Casar, por unha pista de terra que xa fixemos, hai que ir a modo pero a chica dixo que non estaba mal, salvo en algúns lugares puntuais (así serían só os 9KM do bidueiral).

Falaremos das opcións sobre a marcha, aínda que creo que, despois de subir  Pena Trevinca,  ben podemos deixar o coche en Mogaínza. Iso si, co bocata na mochila.

Parécevos quedar na Cañiza ás 9.30h?, dende alí inda nos vai facer falla hora e media para chegar ao inicio da ruta.

Coma sempre agardo comentarios.


8 comentarios:

Sesi dijo...

Eu voto por facer a larga, que non se diga.
Vémonos na Cañiza.

lorenzopastranacastro dijo...

eu tamén gostaría máis de facela larga, é normal, non sí?

Moni, Liss e Maia dijo...

Nos imos e preferimos larga, se non chove moito.

Conchi dijo...

Mellor a longa, que este ano comezamos forte e non podemos baixar o nivel, ata domingo!!

Moncho dijo...

Longaniza. ... Digo longa.

lorenzopastranacastro dijo...

larga, larga, larga!!! canto vicio hai neste blog. Insaciables, que sodes uns insaciables

Gabriela dijo...

Contar conmigo para la larga

JULIA dijo...

Votamos pola larga, pero esta vez sen facer kilometros de mais

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...