lunes, 14 de abril de 2008

Ola mamudos, mamudas e mamudiños

Xa estamos na rede. Enredando, enredando, conseguín facer un blog.

Recordades esta foto? Xa pasaron dous anos. Foi en A Lama, non puidemos facer o camiño porque estaba todo cheíño de neve, pero alí estabamos uns intrépidos.

Como Antón G. (de grande e de González) estivera de campamento por aquelas terras, levounos por un sendeiro pola beira do río que estaba precioso, entre branco e verde.

Hoxe andivemos tamén pola beira dun río, o Tea. Non había neve, o sol quentaba e o ceo estaba azul pero auga no chan tivemos abondo. Para mostra esta foto na que Jose fai malabarismos para non rematar enchoupado, sempre seguindo os "sabios" consellos de Pepe.



Foi un sendeiro moi bonito, aconsellado por Teri, que demostrou, polo menos nisto, ter bo gusto.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...