A ruta deste domingo promete ser preciosa con fervenzas, carballeiras e muíños. De novo seguiremos o curso dun río, esta vez o Ulla. Son uns 13 Km. e non é circular así que, se vos parece, haberá que levar bocata pois como hai que chegar a Touro (hora e vinte dende Vigo), calculo que antes das 11:00h. non comezaremos a ruta.
Podemos marcar o punto de encontro na Área de servizo Compostela, 10 Km. antes de chegar a Santiago, sobre as 9:45h.
Temos xa mono de monte, a ver se vos animades todos e nos vemos o domingo, mentras agardo comentarios.
http://concellodetouro.web.iespana.es/informaciondetouro.htm
http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ctre=32111&crec=36855&idversion=1-49L6HW&refnumber2=01010602&cidi=E
3 comentarios:
Menuda cascada.
Estou ansioso de poder contempla-la ó vivo ten que ser en tres palabras: "In pre sionante"
Menuda trapallada esa de Iguazu.
Pois si que promete a ruta si...........mira que ten boa pinta.....Estas é das miñas!!!.........Pero non sei si a representación desta zona estará un pouco minguada desta volta.............Porque dos de Salceda e arredores...........só iremos Laura i eu............Bueno, non sei nada de Pepe e familia.......nin de Santi............pero do resto, só nós..............e supoño que Moncho, Joaquín e Loli, tamén se animarán.........Pois nada, que nos vemos o domingo para esa gran camiñata e nova aventura dos mamud@s.
O Piru maila Piruchiña, sinten non poder acompañarvos nesta ruta, boa pinta si que ten ,pero non cambiamos o cruceiro que imos facer polo mediterraneo, pola casacada da foto, pero pa proxima fijo que non fallamos, bicos mamudos
Publicar un comentario