Esta vez nós non podemos ir pois temos o cumpleanos do avó e quedamos para comer a familia xunta, unha pena!! Inda que teño que recoñecer que o que me dá máis pena é non poder ir a manifestación en Santiago polo galego, porque este goberno promete e eu cada vez son máis reivindicativa.
Pero vaiamos co sendeiro: non é circular; pódese facer ida e volta, pois son 8,5 km. e remata nunha área recreativa; pero igual, se decidides facer tamén os 2km. das derivacións, preferides comer polo medio e deixar o coche ao final. Vós veredes.
Coma sempre o punto de encontro, cando se vai cara Ourense, é a Área de servizo da Cañiza, sobre ás 10:30 h. ou cando digades.
1 comentario:
Esperemos que non chova! Eu non sei se poderei ir (a última hora se podo chamo a Conchi), e Coke de momento ten que estar de "repouso". Falamos, e se non vou pasalo ben.
Publicar un comentario