jueves, 14 de mayo de 2009

RUTA PENA CORNEIRA

Esta é unha foto de hai catro anos, cando fixemos a ruta en abril do 2005.
Esta vez nós non podemos ir pois temos o cumpleanos do avó e quedamos para comer a familia xunta, unha pena!! Inda que teño que recoñecer que o que me dá máis pena é non poder ir a manifestación en Santiago polo galego, porque este goberno promete e eu cada vez son máis reivindicativa.
Pero vaiamos co sendeiro: non é circular; pódese facer ida e volta, pois son 8,5 km. e remata nunha área recreativa; pero igual, se decidides facer tamén os 2km. das derivacións, preferides comer polo medio e deixar o coche ao final. Vós veredes.
Coma sempre o punto de encontro, cando se vai cara Ourense, é a Área de servizo da Cañiza, sobre ás 10:30 h. ou cando digades.
Tedes a información aquí e este é o mapa.

1 comentario:

Moni dijo...

Esperemos que non chova! Eu non sei se poderei ir (a última hora se podo chamo a Conchi), e Coke de momento ten que estar de "repouso". Falamos, e se non vou pasalo ben.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...