jueves, 22 de mayo de 2008

Trilho en Lamas de Mouro

Este domingo, se a choiva o permite temos andaina polas terras de Lamas de Mouro.
Unha proposta é facer o Trilho "Curro da Velha", circular de 7 Km, con algunha subidiña pero grao de dificultade moderado.
O inicio e final da ruta está despois de Castro Laboreiro por iso podiamos quedar a comer nun dos restaurantes que hai alí.
Mirade ben o folleto que aparece no enlace e comentade porque vexo que aínda parece haber distancia dende a ruta a Castro Laboreiro.
Outra posibilidade é facer o Trilho "Pertinho do Céu" que tamén é circular, algo máis pequeno e está no Concello de Arcos de Valdevez pero relativamente cerca da Peneda. Consultade os enlaces e comentade.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Acabo de ver cun pouco máis de calma as rutas e me parece que queda máis cerca o segundo trilho, o de "Pertinho do céu", claro que se facemos ese, igual non compensa ir comer a Castro Laboreiro.
Fixádevos na esquina dereita do folleto onde indica "como chegar", a ver que opinades.

Anónimo dijo...

Eu tamén penso que é mellor facer o segundo trilho, "Pertinho do Céu", e aínda que non compense ir comer a Castro Laboreiro, pois algún sitio haberá onde comer por alí, non cres Celia? Onde quedamos, coma sempre ás 9:30 no Instituto ou máis tarde?. Bueno, eu aínda non sei certo si irei ou non..........

Anónimo dijo...

Hola son Manso, estou super emocionado porque este e o meu primeiro correo

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...