Despois de tantas voltas e reviravoltas é necesario concretar.
Finalmente imos facer a nosa ruta alternativa comenzando en Mosende, no portal da casa de Loli e Joaquín ás 10.00h.
Iremos ata o Galiñeiro para encontrarnos coa concentración Pola defensa da serra. Despois haberá que facer o regreso. Non necesitamos GPS nin Wikiloc, pois Joaquín sabe o camiño.
Eu somentes podo facer a primeira parte da ruta pois me coincide co cumpreanos dos sogros e hai que marchar a comer ao Ribeiro, pero xa está iso amañado.
Desta volta non podemos ir ás covas, todo non pode ser, e ademais é perigoso se non se vai con alguén que as coñeza ben. Podemos falalo e concretar para ver de quedar un día cun rapaz especialista inda que haxa que gastar cartos mamudos porque é mellor ir con tino, hai precipicios e é fácil perderse.
Por suposto, todos con bocata (a non ser que teñades uns sogros que vos inviten a comer).
Agardo comentarios

7 comentarios:
Como se nota o enchufismo presidencial. Jajajaaaaaa.
Pero ali estaremos, presi
Non hai posibilidade de quedar máis tarde??...Eu non podería chegar ata as 11, alguén me pode dicir como podo facer?? (O de chegar desta hora, non é por durmir.......teño algo ás 10 imposible de cambiar).
Está claro que como non imos as covas Conchi cabreouse e agora quere boicotear a ruta facéndonos sair máis tarde.
Bueno, a min no me importa que a boicotee, que quede claro que as 11 tamén venme ben. A cousa é si a Celia lle daría tempo de facer algo antes de ir a papatoria a Ribadavia
Lorenciño.......estás moi enganado....son cousas de forza maior......e o das covas, non me molan moito, si imos todos, irei, pero non é que me faga moita ilusión, son máis de andar ao aire libre... E si para Celia é moi tarde ás 11, ou para calqueira outro supón un problema....adáptome eu e aparezo onde esteades, por iso quero que alguén me diga como podo facer, a ver si a presi me di algo. Iso si, gracias por compartila hora comigo....ji, ji, ji...
Pois eu gosto tanto de andar ao aire libre como de meterme en covas e tamén en coviñas, ben pertrechado sempre, claro
Pero bueno, que conto é ese de covas, coviñas e enriba pertrechados? Lorenzo, este grupo de senderismo era de xente de ben ata que apareciche ti a revolucionalo todo!!! Mira que esta presi sabe moito da estructura superficial e profunda das palabras. Fai o favor de manter a compostura que imos ter que atarte en corto!!!!!
Podemos quedar ás 11 e xa arranxarei eu con Joaquín para ver onde me pode vir buscar o meu Jose. Agora si, as once para botar a andar inmediatamente.
DA IGUAL AS 10 - 11 ABRIMOS AS 9
Publicar un comentario