
O senderista Mamudo, na súa longa e nómada viaxe polo Planeta Azul, vese con frecuencia obrigado a sortear diversos obstáculos da sabana galega para proseguir a peregrinación na procura de alimento.


O senderista mamudo, ás veces, ve reducida a súa manada a moi poucos exemplares adultos. National Geografic non ten coñecemento de onde poden estar os exemplares máis novos, pero o que si é seguro é onde están os máis vellos.

National Geografic sitúaos practicando unha extraña danza de cortexamento para chamar a atención dos exemplares do sexo contrario e conseguir o apareamento. O exemplo máis recente está entre os Mamudos da raza Mansinho que agardan a súa primeira cría e que, moi segurisísimamente, será un cachorro Mamudo moi ben recibido na manada.
PROXIMAMENTE DISPONIBLE EN CARREPLUS LA TERCERA ENTREGA DEL LABORIOSO DOCUMENTAL DE INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA.
3 comentarios:
Moncho, coloquei as fotos como puiden para que encaixaran co texto.
Está moi inxenioso, de seguir así hai que ir pensado en facer un documental en video e presentalo ao festival PlayDoc de Tui.
Hola Mamudos e Mamudas,
Despois de ver o episode Two do National Geografic a futura mama do Mansinho pequeño quedalle moita pena non poder acompañar os exemplares adultos por eses montes pero o problama é, que o mamudiño queixaxe moito coas andainas, e a futura nai nin vos conto.
Que sepades que me acordo moito de todos e haber si este pequerrecho chega pronto para volver a retomar camiño mamudo.
biquiños de Piru, do Piroliñas e de Lucre
Gracias Celia que haría yo sin tí.
Grazas Celia que faría eu sen tí.
Bilingüismo fashion por si ve o blog o "JASIOSEIRO".Y su fornido amigo.
Publicar un comentario