ATENCIÓN!!!!!
A partires de marzo é de aplicación a orde publicada hoxe no DOGA que regula o uso deportivo do monte e as masas forestáis.
Vai ser obligatorio estar federado ou pagar a correspondente licencia diante da Consellería.
Se un garda forestal te sorprende no monte sen papéis as multas poden chegar aos 6000 euros se se trata dun espazo protexido ou da rede natura.
máis info en:
http://mediorural.xunta.es/institucional/normativa/conservacion_da_natureza/
Eu vou ir pagando, por si acaso!!!!
Lorenzo
6 comentarios:
Lorenzo, acabo de chamar para preguntar, eu xa paguei, pero dixéronme que os que paguen máis tarde de hoxe ás 14:30, terán que pagar 1.000 euros por federarse. A min fixéronme un desconto por traballar nunha administración, supoño que ti preguntarías e che aplicarían o correspondente desconto por ser funcionario se non............mira que es parvo!!!
Pero si paguei eu por todos!!! Conchi, acabas de tirar cos cartos porque xa os pagara eu
Non, a quen te estafaron foi a ti, porque eu din os datos do clube, CIF e demáis, que ti non tes...e paguei por todos, menos por ti porque es a última incorporación, e aínda non pasaches o período de tempo necesario nin fixeches méritos dabondo para ser un bo mamudo.......ao contrario......os teus actos deixan moito que desexar........... Sería que a señorita que te atendeu engatusoute coa súa voz e te deixaches ir sen máis?
Pero sodes parvos,xa falara eu con Feijoo e por ser todos do PP estamos exentos
Piquei como unha parva.
Pero será posible que a pesar dos pesares sigo a crer en Lorenzo, inda que sexa día 28 de decembro?
Publicar un comentario