OS MÁIS VALENTES E BRAVÍOS.
Estes son, os mamud@s que andan polas fermosas paisaxes da Peneda, sen temor ao calor, nin a tormenta, nin ás empinadas costas, nin ás pronunciadas baixadas...sen temor a nada. Só eles terán na mente por moito tempo toda a marabilla que a nai natureza nos regala nestas paraxes.
9 comentarios:
Sen dúbida que son xente brava!!!
Agora ben, o careto serio e reconcentrado dos da segunda fila, os de poleiro, contrasta ca ledicia e lozanía dos rostros dos da primeira ringleira; do que se deduce non só o bo carácter destes últimos, senon tamén que os primeiros xa andaban esfurricados.
Pd. Unha pequena corrección: a baixada era "vertixinosa"
Estou dacordo contigo Lorenzo, a baixada era vertixinosa. E mira, non me fixara, pero si que tiñan cara seria os da segunda fila, si, salvo Teru, tódolos demáis, parecíaa que ían xa algo cansos. Pero bueno, para meterlles envexa aos que non foron, que a rota foi moi fermosa, creo que niso todos estamos dacordo.
Das mais fermosas,unha verdadeira marabilla
E o bocadillo naquel lago,bonito de ficar cego
Chula a paisaxe... e como posan esas dúas mozas, temos que mandalas de pasarela que abofé que sacamos para os Alpes.
Eu claro que sinto envexa pero desta volta viume ben quedar e corrixir para non rematar tola, que non dou atendido a todo. Xa virán tempos máis pausados e a Peneda non escapa; mentras, aí está a representación mamuda a deixar o pavillón alto.
Estiven a buscar no google earth as cascadas das que vos falara e penso que as atopei. cando poida os mando fotos e posible ruta
Celia, efectivamente as rapazas están moi, pero que moi podadoras...
Veño de atoparme na rúa con Julia e poiden comprobar que ambas, ela e mais a cámara, atópanse en perfecto estado.
Teño para min que xa está para outra caída aos revolos
Onde estan as fotos da ruta??
Publicar un comentario