Este é un tramo do Sendeiro do Río Avia, que comeza en Pazos de Arenteiro, pero como xa estivemos alí e a ruta enteira é longa e non circular, se vos parece ben facemos este trociño da seguinte maneira: Comezamos no parque de Ribadavia e imos ata Leiro. No parque que é moi bonito, pódese comer un bocadillo (nós aproveitaremos para ir comer cos sogros, que seguro que o agradecen) e despois de descansar, regresar a Ribadavia . Así se fan un total de 17 quilómetros e non hai que mover os coches. Que vos parece? Parécevos ben quedar ás 10.30 h na Cañiza?
Deixamos sen facer dúas rutas moi interesantes ( Covelo e Arcos de Valdevez) que podemos recuperar o nove e o trinta de maio.
Coma sempre, agardo os vosos comentarios. Xa teño ganiñas de andar e de botar unhas risotadas co todos vós.
4 comentarios:
Paréceme xenial a túa proposta Celia, e ás 10:30, é boa hora, así non madrugramos moito e como levamos bocata, temos tempo para facela ruta. Ata domingo!!
eu propoño levar bañadores e rematar a xornada, despois da ruta nas termas de outariz...
Excelente proposta de la Presi.Coma
sempre (Celia reelección).
Da proposta de Nuca non a imaxino en bañador. Ten que estar de un chechi.
Vale!!! a rubia e mais eu vamos con Moni. ¿Conchi, na tua casa as 10:00?
Publicar un comentario