lunes, 22 de marzo de 2010

SAN MAMEDE NOS AMPARE




Déixovos unha selección de fotos das preciosas paisaxes que contemplamos este fin de semana.

Os mamudos demostraron que son xente preparada para o que faga falla: mollarse, empaparse, perderse, atoparse, comer de pé, cear sentado, buscar bidueiros a 1.618 metros, subir e baixar montañas enlamadas, imaxinar panoramas entre a néboa... HAI QUE DICILO: OS MAMUDOS MERECEN UN 10.



Aqueles que queiran saber máis sobre néboas, brumas e neboeiros consultade este enlace.

¡OLLO!!! QUE NO CALENDARIO ESTÁ PROGRAMADA UNHA RUTA PARA ESTE DOMINGO, QUEREDES QUE A DEIXEMOS PARA DESPOIS DE SEMANA SANTA?

4 comentarios:

MONCHIÑO dijo...

E vaia se nos amparou.
Presi readmisión. Sempre nos deixas o mellor para o final. Cas perniñas desfeitas "Peeeeeeeeeeero"
como podíamos deixar de ver o fermoso Bidueiral.

Hai que ver que artistas son os Mamudos. Temos os mellores Superviventes, Reposteiros, Fotografos, Actores, Montañeiros monte a traves, Camiñantes, Pais, Nais, Fillos, .....

En fin.
SOMOS OS MÁIS MELLORES.

Anónimo dijo...

Hola.Nos estariamos dispostos a acudir a convocatoria desta fin de semana.Santi e Leo

Celia dijo...

Nós non podemos ir, pois ademáis do fútbol de Antón, Javier rompeu unha perna no cole e está coa perna escaiolada, eu tiven un tremendo dolor na parte de atrás da perna dous días despois de volver de Trives, fun o fisio e teño rotura de ligamentos que estou xa curando pero non podo facer esforzos (seguriño que foi o mal de ollo que me botaron eses homes cos que comparto casa e vida). Total que toca dscansar de andar. Se queredes podedes quedar vós ou deixalo para o domingo antes do San Telmo.

Conchi dijo...

Eu teño actuación de pandeireta e vaime ser bastante difícil ir de ruta este domingo. Penso como Celia.....quedar vos, ou se non, deixámolo para o día 11 de Abril, despois de Semana Santa.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...