miércoles, 24 de febrero de 2010

RUTA DO DOMINGO E TRIVES

Estiven facendo averiguacións sobre o aloxamento en Trives, como somos un montón, non hai moito onde escoller. Despois de consultar a algún da zona, quedeime con dúas posibilidades:

HOTEL RÚSTICO AS MACEIRAS: este non está no pobo, ten un pequeno spa, cobra 45€ persoa a media pensión en habitación dobre con baño. Non teño referencias da comida.

HOSTAL LA VIUDA: está no pobo, ten boas referencias nas comidas, cobra habitación dobre con baño e media pensión 30€ a persoa.

Conviña decidir pronto para reservar. Tedes informacións aquí .

En canto ao domingo, con este marabilloso tempo xa non sei se poderemos facer nada. Tocaría en Caminha, o Trilho da Cha grande. Se o tempo o permite podemos quedar ás 10.30 h. no instituto, facelo seguido e logo cada quen que decida se quedar a comer o regresar para casiña.





2 comentarios:

Conchi dijo...

O hostal la viúda, parece estar ben, é máis económico e ten boas referencias nas comidas....eu, voto por el.
E o domingo, haberá que esperar, porque o temporal gordo é para sábado, se tal, falamos sobre a marcha, pero por min, se non caen chuzos de punta, xa sabedes que me apunto.

RAMON LOPEZ dijo...

Podemos dormir e comer ca viuda. E coa barrighiña chea ir a relaxarse ó Spa.
I este Domingo temos que ter conta con Cintia.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...