Pola mañán Ruta dos cons (zona norte), inda que o de menos case son os cons; a paisaxe das praias o mellor; un pouco de sol de máis que quemou a máis de un. Comida rica na Brasería Salga e despois ao Carreirón. Houbo quen aproveitou para durmir baixo a sombra dos piñeiros, outros decidiron estar a remollo e o pasaron pipa. O tempo portouse, mal que lle pese a algunha de Salceda que esperaba que chovera.
Estabamos case todos pero notouse a falta dos Mansinho e da sección Panxón.
Rematou a temporada, fixemos bastantes rutas, imos collendo nivel, para outono máis e mellor, mentras ide recopilando información e gozando do verán. Biquiños.
2 comentarios:
O matrimonio Mansinho alegrouse de que tiverades bo tempo, o contrario do que pensan algunhasssssssssssssssssssss, quedounos unha gran pena non poder estar con todos vos, pero que se lle vai facer, teremos moitas mais rutas para disfrutar xuntos, bicos para todos
POR FIN A CAMIÑAR. XA ERA HORA.
ESTA TODO PERFECTO PARA AS ESCAPADAS DE FINDE,PERO NON VOS PARECE QUE TEMOS ESQUECIDAS AS RAGAS DO EUME
Publicar un comentario