Parece que por fin chegan as choivas, non, non é cousa do outono é que PENSAMOS EN COMEZAR AS ANDAINAS...temos máis poder que todas as rogativas do mundo.
Pero...son só catro gotas, así que o domingo ás 10 todos en casa da presi e dende aí faremos a ruta do Río Lagares, ida e volta.
Despois disfrutaremos dunha comida de "TRAJE", quero dicir, cada un trae algo (convén poñerse dacordo sobre quen vai vir e que pode traer, nós imos preparar diferentes ensaladas, Teru dixo que empanada...o que non queira traballar que aporte algunha bebida...)
E despois hai que facer o programa de andainas (TRAEDE IDEAS).
AGARDO COMENTARIOS
4 comentarios:
Qué rabia dame o do traje... porque non poderei ir por motivos de traballo.
Pero se queredes fágovos unha excell para que ninguén repita ensalada
Lorenzo
Vivaaaaaaaa!!!!
Lorenzo, chegaron os recortes ata tal punto que te fan ir a traballar un domingo? ouuuu serán un deses insoportables traballos no estranxeiro?????
cala, cala...
Cada vez nos fan traballar máis lonxe!
Un horror
Por certo, xa lle deixei a Sesi a miña suxestion de rutas. Trátase dun novo concepto...
Publicar un comentario