Este domingo imos de novo ás terras de Fornelos, así que quedamos como o outro día, ás 10.30 no concello de Pazos.
A ruta é circular, duns 13 quilómetros, levamos bocata e xa veremos cando o comemos. Se chovera igual temos que cambiar bocata por cocido, decidiremos sobre a marcha.
5 comentarios:
Supoño que faremos dúas voltas, non? 26 km empeza a estár ben. Para menos non paga a pena sairen da casa!!!!!
Mañán falamos!!!!
Dan alerta amarela por chuvia e vento.
E Fornelos é o concello onde mais chove.
¿que facemos?
A ver, cando máis choiva dan é pola tarde...........maloserá que non deamos rematado pola mañá..........e si nos chove.......ca sequía que hai, que bonito vai ser ver chover.....aínda que sexa por riba nosa........ji, ji, ji....Vémonos mañá!!!
Sen que sirva de Precedente. Outra vez estou de acordo con Conchi.
Despois de tanta seca. Que ben nos vai sentar unha molladura.
Tranquilo Monchiño, que esteas dacordo comijo ou non, eu vou durmir ijual...Pero para non servir de precedente xa van varias veces.........ji, ji, ji....
Publicar un comentario