Parece que esta vez o tempo vainos acompañar e poderemos subir e baixar os montes portugueses sen enchouparnos.
O trilho non é moi longo pero ten unha boa subida inicial, nada que non poidan solventar uns intrépidos piratas.
Parécevos quedar ás 10.00 h diante do instituto? Con bocata, por suposto.

6 comentarios:
O.K. Celia, alí nos veremos.......e anímate a ir que eu tamén estiven con febre e demáis esta semana e teño pensado ir. Vémonos mañá piratas!!!
Nos imos ir esta tarde/noite a Xinzo. Se quedáramos unha horiña máis tarde sería estupendo, máis que nada para que os nenos poidan durmir un pouco...
En Tui? Non e mellor en Salvaterra e mais cedo? Ainda e lexos de narices.
Mais cedo... mais tarde... de piratas... isto e unha casa de tolos, non me entero.
De piratas??? E como disfazo os cans de piratas??
Pois eu quero quedar a 12:00 pa comer un bacallau e ir vestida de Lady Gaga.
bueno, pois en salvaterra vestidos de pirata as 10,30???
Veña, ás 10.30 de piratas ou do que sexa, en Salvaterra, con bocata porsi, e sempre dispostos ao bacallau se chovera.
Publicar un comentario