viernes, 18 de febrero de 2011

Pola defensa do Galiñeiro



Inda que este domindo tocaba Pertiño do Ceu, Gabriela mandoume esta convocatoria que me parece interesante:

A Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro organiza un paseo por un camiño ou pista forestal que rodea a Serra do Galiñeiro, coa intención de que a opinión publica vexa que unha gran maioria dos veciños da bisbarra dos 5 municipios que rodean a Serra do Galiñeiro, de GONDOMAR-VIGO-MOS-O PORRIÑO e TUI, queremos solicitar a protección dá Serra do Galiñeiro, e por iso queremos QUE NON SE FAGA A OBRA PREVISTA DOS EÓLICOS NA SERRA DO GALIÑEIRO, xa que isto terá para a serra fortes impactos de tipo paisaxístico, acústico, danos a flora e fauna, e afectación sobre o patrimoio.
 
A andaina terá lugar o domingo día 20 de febreiro do 2011, saindo do Parque Forestal do Galiñeiro (Vincios) as 10:30 da mañan e a duración prevista e de 2:50 horas
 
Podemos deixar a prevista para o domingo de antroido e este domingo colaborar con esta iniciativa. ¿Que vos parece?
Poida que desta forma aseguremos non perdernos.

Agardo comentarios

2 comentarios:

lorenzopastranacastro dijo...

Por min OK. O fin de semana pasado estiven no roteiro etnográfico de saians que está fráncamente ben. Tamén hai un no galiñeiro. Poderíamos combinar porque a reivindicación é moi curta. Déixovos o enlace: http://areasetnoarqueoloxicas.vigo.org/

Conchi dijo...

A proposta non é mala......pero en principio......dá choiva.......qué facemos??

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...