viernes, 10 de diciembre de 2010

Montes de Peitieiros

Este domingo a ruta toca en Gondomar, nos montes de Peitieiros. Outra vez non podemos ir, teño moito, moito que corrixir , así que teredes que sacar a información e intuír o camiño como listos que sodes (parece que non hai sinais). Que vos parece quedar ás 10.30 horas diante da igrexa de Gondomar? (Foi o sitio que se me ocurriu).

Decidide se levar bocata ou facelo dunha atacada.

Agardo non faltar á próxima, esta tempada coincidiu así.

1 comentario:

Conchi dijo...

Diante da igrexa é bo sitio Celia, fácil punto de encontro. E como non veñas á próxima, haberá que ir pensando en propoñer eleccións á presidencia.......Mañá, iremos con bocata, aproveitando esta temperatura case primaveral que temos. Agardámoste ansionos na próxima Celia.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...