Este domingo, por fin, iniciamos as rutas. A proposta é Quedamos ás 11.00h. no Café-bar La Marina, perto do porto de Cangas.
A idea é facer a ruta e comer por aí (Rosa xa está de investigación). Conviña concretar antes do sábado quen se queda a comer.
Nós non sei se poderemos ir,pois eu nestes momentos estou de baixa con farinxite e placas e Jose inda anda ás voltas cos piños. Tentaremos ir a comer para poder falar.
Por se sigo mal déixovos algunhas propostas de sendeiros para esta etapa:
- Pertinho do Céu (O da molladura)
- Carballeira de San Xusto
- Trilho da Peneda (Lamas de Mouro)
- Pena Corneira (Dende Pazos de Arenteiro)
- Trilho da Pedra Alçada (En Caminha)
- Bidueiral de Montederramo (Sen subir a San Mamede)
- Trilho da Ínsua do Castro (Valença)
- Ruta do río Eifonso (Vigo)
- Ruta dos Montes de San Cibrán (Nigrán ou así, ver na páx de Sendereando)
- Viaxe a Sanabria, Somiedo... ou onde digades.
Para buscar información dos sendeiros de Portugal entrade aquí.
Agardo que fixerades os deberes e levedes moitas propostas.
Agardo que fixerades os deberes e levedes moitas propostas.
Queda pendente a inauguración da casa para mellor ocasión, desta andamos algo escangalladiños.
1 comentario:
Parece que o tempo non nos quere acompañar, agora que decidimos poñer as pernas a patear polos montes, e o domingo, igual o único que facemos, é ir a comer. Eu, propoño que si o tempo non acompaña para camiñar, quedar igual a comer e organizar a temporada, se non, non damos arrancado, que vos parece???
Publicar un comentario