jueves, 3 de diciembre de 2009

RUTA DO DOMINGO, CEA DO LUNS

A ver se a chuvia se comporta e podemos facer esta ruta que discurre por unha das fragas máis fermosa de Galicia. Lede o que publicaba hai algún tempo EL País:

"Más allá de la costa, la Pontevedra interior depara sorpresas como la fraga de Catasós, en el concello de Lalín, un pequeño bosque mixto declarado monumento natural donde se alzan algunos de los castaños más altos (hasta 30 metros) de Europa. El mismo sendero que permite recorrer a pie este espacio protegido conduce al pazo privado de Quiroga, que inspiró a Emilia Pardo Bazán la novela Los pazos de Ulloa".

Tedes cumprida información aquí.

Como é en Lalín, conviña quedar ás 10.00h na área de servicio da Cañiza ou ás 11.00 no quilómetro 0 en Lalín. Se a chuvia se anima a dar un respiro, cousa un tanto improbable, podemos facer os 14 km seguidos e comer despois sobre ás 15.00h. Se chove vai ser mellor deixalo para a próxima, pois é longa.
A cea do luns finalmente imos facela no Juanes, en Arantei. Falamos o domingo.
Agardo os vosos comentarios.

4 comentarios:

TERU dijo...

Só quédanos a esperanza que as prediciones adiántense,pois para o luns dan sen choivas en Lalin

Conchi dijo...

Oxalá teñas razón Teru, pero me dá que temos que ir preparando o chuvasqueiro e o paraugas si queremos ir estirar as pernas un pouco. E a esperanza será de que logo poidamos tomar un caldiño para entrar en calor. Ata domingo.

Moncho dijo...

Adios ríos. Adios fontes. Adios dietas pequenas.
Benvido o caldiño e o cocido de Lalín.
Teru non esquezas que o Tropico comeza no tunel da Cañiza.

Agorera dijo...

Non é por chafar pero METEOGALICIA di isto:
INTERIOR DE PONTEVEDRA:
Desde as 00h. do 06/12/09

Intervalo horario:
Desde as 00h. do día 06/12/2009 ata as 18h. do día 06/12/2009.
Comentario:

Superaranse os 40 litros/m2 podendo acadarse localmente máis de 60 litros/m2.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...