miércoles, 14 de octubre de 2009

PANORAMAS E PARONAMIÑAS


O do oso era o de menos. Algúns foron a Proaza por ver a orquestra Panorama e despois dunha pateada de cerca de 20 quilómetros, montaron no coche ás doce da noite para ir de festa e contemplar o show da orquestra. E houbo quen quedou coa boca aberta ao ver baixar a Batman, e dixo "que fantasmada" e non lle faltaba razón, que o importante é mover o esqueleto e para iso so se precisa boa música.


Menos mal que de PANORAMAS xa gozaramos ese día coa compañía das Xanas. Non me estraña que vivan alí, frío debe facer abondo, pero o que é vistas, teñen esas mozas mitolóxicas as que queren, unha chulada.


A Generosa será espléndida, agora si, menudo negocio montou coa súa "xenerosidade". Porque, e isto si que é certo, o fin último desta viaxe, de case cinco horas de coche, era que todo Dios probara o arroz con leite de Casa Generosa. Jose segue sendo incondicional del, eu prefiro o de Teruca e non necesito ir tan lonxe.


A Senda do oso para nós era pan comido, daí que inventaramos a versión para senderistas avanzados: Senda do oso nocturna á luz do teléfono móbil, non se permitían lanternas (inda que as tiñamos), había que ir ás apalpadas e ben amarradiños, sabendo que os principais perigos procedían da casa, entre os mamudos están Santi e Jose que ás veces asuntan máis que os osos. Menos mal que temos a Germán cos seus chistes, e a Teruca, que non pode nin quere ser menos, e nos fixeron a expedición máis levadeira.


Eu, ao chegar a casa, pedinlle ao meu Jose que saltara, afortunadamente, comprobei que non lle caeu nada, continúa todo no seu sitio. Ademáis, teño claro que, inda que vivo nun primeiro, ao butaneiro obrígolle a subir en ascensor porque é moi importante que manteña a postura ergueita, pois a encorvada leva a confusiós lamentables. En fin, que os chistes, ás veces, son moi educativos, e eu fun a Asturias, ademáis de para andar, a aprender cousiñas para a vida.


De todos os PANORAMAS quédome coas vistas do prado-comedor e co descubrimento do pobo de Bustiello. Que emoción sentín ao divisar tellados ao lonxe!!!!!! Inda que eu pensaba que estabamos en Pola de Somiedo, era Bustiello, ese pobo co que soñabamos cando gabeabamos desfiladeiro arriba, despois de varios pasos de baile (esquerda, dereita, dereita) fallidos. Pero as Xanas do día anterior permanecían connosco e enviáronnos un autobús especial para os mamudos.


Todo fenomenal, non faltou ruta subterránea con estalactitas e estalagmitas. Había que volver, algo malladiños, con maniotas no traseiro, iso si, con ningún quilo de menos, que diso xa nos encargamos nós a base de pote, fabada e arroz con leite.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

A presidenta fala como un libro aberto
quen dixo dimision?
É a mellor

Anónimo dijo...

VIVA LA SEÑORA PRESIDENTA

Nuca dijo...

A Nuca sentoulle xenial o bocadillo de tortilla,pero ao chegar a casa,
non movía nin a súa pelota.



Pinchade en Nuca,meu blog.

devoraarrozconleche dijo...

Viva el arroz con leche!!!!!

familia Mansinho dijo...

Hai quen chegou da senda do oso cun vicio no corpo que non se aguanta , claro, tanta atención, tanto colo e tanto mimo,non era para menos, este meniño está pedindo repetir.

Camiño mamudo dijo...

Moi ben señora presidenta es a numero un,pero boto de menos un fondo de gaitas ou á pantasma de PANORAMA cantando o galo sobe que tan maxistralmente bailo o coro mamudo

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...